

O vicesecretario xeral do Partido Socialista, José Blanco, asegurou hoxe que non comparte "a idea estendida de que Galicia é conservadora". Blanco fixo estas declaracións na presentación en Madrid do alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, nun almorzo do Fórum Europa, organizado polo Nova Economía Fórum.



Rematou unha semana de verán, iso no equinoccio primaveral!
Non somos Holiwood, pero temos xente facendo cousas....e son as Nosas Cousas!
Flocos.tv recompila varias pezas realizadas na Escola de Imaxe e Son da Coruña no ciclo 'EISperimenta'
NGalicia. - O cineclub do audiovisual galego, Flocos.tv, recompilou un conxunto de pezas realizadas na década dos 90 na Escola de Imaxe e Son da Coruña, reunidas baixo o título 'EISperimenta'.
En concreto, os usuarios poderán gozar de títulos como 'Infección palúdica', de Juan Lesta (1996); 'Tempus fugit', de X. Manuel Otero (1991); 'Ósos e pel', da. Feijó e A. Casanova (1992); 'O camiño da Auga', de Toño López Ríos (1993); 'Tirapuxa', de Manu Mayo (1996); 'O imaxinado', de Beatriz del Monte (1992); 'Pechados non mar', de Coté Hospido (1993); 'O pasaxeiro', de Voro de los Santos (1992); e 'Lumi', de Lhosca Arias (1994).
Segundo explicou a Consellería de Cultura, a "maior parte" destes títulos "son moi pouco coñecidos" polo que os interesados no cine galego "terán unha oportunidade excelente para coñecer propostas estéticas e narrativas moi diferentes e moi novidosas con respecto ao que se estaba a facer na década dos 90 no mundo".
Como complemento a esta homenaxe aos 90, Flocos.tv ofrecerá nos próximos días 'O ceo do súper 8 mm', de Anxo Roda, un documental realizado en 2007 que narra o labor de recuperación do cine doméstico que desenvolve o colectivo LILI FILMS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario