miércoles, 11 de noviembre de 2009

A Cámara aproba por unanimidade defender a galleguidad das caixas e reformar a lei do sector



SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Novembro. (EUROPA PRESS) -
Os tres grupos con representación no Parlamento de Galicia --PP, PSdeG e BNG-- aprobaron hoxe por unanimidade unha moción na que instan á Xunta a "defender que os centros de decisión das caixas de aforro galegas se manteñan en Galicia" e na que manifestan a "necesidade de elaborar e aprobar unha nova lei de caixas" na comunidade
.


Blanco advertiu de que está habendo moita "hipocresía" nos distintos posicionamentos deste debate e lamentou que falaran os empresarios, as Cámaras, os "ministros de fin de semana", o gobernador do Banco de España, etc, agás o goberno galego, de ahí a necesidade dunha iniciativa destas características na Cámara, explicou.

Para Blanco, non se está a falar de cuestión técnicas ou accidentais con este debate, senón que se está a falar de como se vai marcar o futuro destas entidades que xogan un papel tan importante no desenvolvemento socio económico do País.

O deputado nacionalista explcou que non hai que ter medo a unha fusión en Galicia, iso non vai significar gañar unha sobre outra, "ninguén á gañador nin perdedor, gaña Galicia e esa nova Caixa precisa dunha nova lei.




Destes Cogomelos por aqui NON TEMOS:

A crise non se sentiu no mundo da gastronomía e a restauración xa que na 11º edición da poxa mundial da trufa branca de Alba, un anaco de 750 gramos deste froito da terra chegou a custar 100.000 euros.

Disputábansea varios amantes das trufas procedentes de diversos países, pero quen se levou a trufa á cociña foi un comprador de Hong Kong.




Moito coidado se salen a coller COGOMELOS (Setas) vexan a noticia:

No hay comentarios: