domingo, 8 de noviembre de 2009
O patrón do "Alakrana", Ricardo Blach, suplicou ao Goberno, aos xuíces e aos militares que se poñan de acordo" para devolver aos dous piratas detidos en España e poder así pechar un secuestro que dura xa 38 días. Coa voz visiblemente emocionada recordou que se non o fan se pode perder algunha vida.
Unha de piratas
Disque negocian con Somalia para liberar os mariñeiros do ‘Alakrana’. Disque como dixo a ministra Chacón, o de baixar tres a terra resultou ser unha estrataxema para subir o prezo. Como o de vir agora co conto da repatriación duns cómplices que lles importan nada. Ten razón O Noso Alberto. Xa haberá tempo para as críticas a un Goberno que anda escaso de sensibilidade. Pero tamén a unha oposición que non sabe estar calada porque todo lle vale, a unha armadora sen tempo para ir á manifestación, a uns medios que explotan sen rigor un drama, e mesmo a algúns dos familiares ós que, dende a comprensión polo seu medo, convén recordarlles que nin o Goberno, nin os militares que tamén están alí xogando a vida, son os piratas(ANTON LOSADA en Galicia Hoxe
ESTA SEMANA DENSO PLENO NA XUNTA
Fusion das Caixas
Europa Press . A fusión das caixas e privatización dos servizos públicos serán os temas principais que se debaterán no denso pleno desta semana. Tamén a polémica sobre o custo de adquisición da sede do Fegas está na orde do día. Segundo as previsións do PPdeG, as sesións do martes e mércores ‘poderían prolongarse até altas horas’.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario