Di ANTON BAAMONDE:
Se Feijóo está facendo o que parece que está facendo, entón tal vez sexa posible evitar a perda do poder financeiro por parte de Galicia.
Como se ten dito tantas veces sen poder financeiro pouco pode falarse de poder autónomo. A perda desas institucións sería un machadazo nas opcións de futuro do país.
A aprobación da moción do BNG que solicitaba a elaboración dunha nova Lei de Caixas parece o principio do fin de Gayoso e Méndez. A noticia de hoxe, http://www.elpais.com/articulo/espana/Xunta/tramitara/via/urgencia/reforma/Ley/Cajas/elpepuespgal/20091125elpepunac_15/Tes non parece entenderse fora do contexto da presión sobre os dous directores xerais das dúas caixas, a fin de que dean a súa conformidade a un proceso de fusión.
A aprobación desa Lei evitará que as caixas se convertan en entidades unipersonais, en focos de bonapartismo como foi o caso no pasado, para abrir outro tempo que agardemos sexa de maior transparencia e control democrático
Na forma Feijóo fíxoo ben: foi no Parlamento, onde se ubica a representación popular, que convocou a ambos. É natural que para tomar unha decisión dese calado Feijóo intente contar coa unanimidade dos tres grupos da cámara e coa dos sindicatos maioritarios. A Pachi Vázquez, por certo, a situación pillouno descolocado e da unha sensación de enorme desnorte por parte do PSdeG que non é capaz de adoptar unha posición inequívoca.
Esta é unha forma correcta de proceder. Esperemos que a nova Lei ademais de modificar a composición dos órganos de xestión, garanta a súa eficiencia e profesionalidade, tanto coma o papel de banca semi-pública de Galicia.
Repito: se Feijóo está facendo o que parece que está facendo.
VerVIDEO PREMER
No hay comentarios:
Publicar un comentario