sábado, 17 de octubre de 2009

Debate para limitar os excesivos salarios dos banqueiros


CIG-Banca pide abrir no noso País un debate para limitar os excesivos salarios dos banqueiros

A central destaca que co que cobran oito directivos de Caixa Galicia poderíanse contratar a 411 persoas

A nivel internacional e estatal hai aberto un debate para limitar os excesivos salarios dos banqueiros, un debate máis que necesario a nivel galego, como demostran os desmedidos salarios dos altos directivos de entidades bancarias que están recibindo subvencións públicas. A CIG-Banca indica que ese é o caso de Caixa Galicia, entidade que por outra parte "está pechando centros de traballo, reducindo persoal e que implantou un réxime laboral baseado no terror".


A finais do ano pasado, dentro dun suposto plan de recorte de custes que inclúe o peche de oficinas e reducións de persoal, Caixa Galicia anunciaba unha próxima baixada nos salarios da alta dirección dun 30%. Previamente a CIG denunciara publicamente a suba desmedida dos salarios da Dirección rexistrada dende o ano 2005.

Xa neste ano diversos medios de comunicación fixéronse eco dunha baixada dun 6% dos salarios no 2008 dos integrantes do Comité de Alta Dirección (CAD), lonxe do 30% anunciado. “Os números non menten, pero sempre son manexables”, apunta o secretario nacional da CIG-Banca, Clodo Montero, e engade que os soldos agregados do Comité Alta Dirección de Caixa Galicia no ano 2007 foron por un monto total de 6.326.000 euros, fronte aos 5.951.000 euros do ano 2008, un 6% menos.

Pero os datos publicados, denúnciase dende a CIG-Banca, son parciais e incompletos, xa que non engadiron o número de persoas que integran o CAD nin as achegas a compromisos postemprego. Tendo en conta eses datos que a Dirección “esqueceu”, os seus salarios son os seguintes:

Salarios Comité Alta Dirección

Ano

Membros

Salario total

Media

2005

15

5.292.000

352.800

2006

13

6.190.000

476.154

2007

13

7.851.000

603.923

2008

8

7.397.000

924.625

(Salario total inclúe compromisos post-emprego. Datos Memoria resultados dispoñible na web de Caixa Galicia).

As variacións no número de persoas que compoñen o Comité de Alta Dirección non permiten afirmar, nin comprobar, cal é a alteración real dos salarios. En todo caso cobran de media 924.625 euros no 2008, fronte aos 352.800 do 2005.

Na pasada Asemblea Xeral de Caixa Galicia, a CIG, na quenda de intervención de Clodo Montero, solicitou formalmente que se informase do salario individualizado do citado Comité, negándose publicamente o Director Xeral a facilitar os datos.

“Hai aberto un debate a nivel mundial e estatal sobre a necesidade de limitar os salarios dos banqueiros. Hai unha clara coincidencia entre o cobro dos bonus ligados aos resultados e os excesivos riscos asumidos polas entidades financeiras que levaron a creba do sistema financeiro”, afirma o secretario da Federación da Banca. Nas Caixas de Aforros a nivel de CECA os altos directivos deron un debate interno sobre a necesidade de subir os seus salarios (alegaban que eran inferiores aos da banca) e a necesidade de introducir retribucións variables, dende aquela os salarios dos directivos das Caixas de Aforros medraron de xeito exponencial.

Modificación da lexislación

Para a CIG é preciso abrir o debate tamén a nivel galego, as Caixas son empresas baixo control público pero ademais son beneficiarias de axudas públicas: Caixa Caixanova e Galicia acudiron as medidas de rescate postas en marcha polo Ministerio de Economía, á poxa de activos e aos avais públicos. Neste senso a CIG entende que é precisa unha modificación da actual lexislación galega en materia de Caixas de Aforros que inclúa unha limitación dos mandatos dos Directores Xerais e aborde unha limitación dos salarios da alta dirección. Dende o sindicato nacionalista denúnciase que Caixa Galicia reduce persoal na rede comercial, non cubre as baixas e persegue ás persoas enfermas a través da Mutua, polo que “se hai que afrontar reducións que estas comecen por arriba. Co que cobran os 8 do Comité da alta Dirección chegaría para pagar o salario de 411 contratados, unha vergoña”, lamenta Montero.

Cuál es el sueldo de los banqueros españoles?

5/2/2009 | EP

El vicepresidente del Santander cobra 9,6 millones de euros anuales, le siguen Francisco González (BBVA) con 5,7 millones y Emilio Botín (Santander), que gana 3,9.

Los banqueros de las entidades financieras que reciban ayudas del Gobierno estadounidense obtendrán un sueldo más bajo. En concreto, se les restará medio millón de dólares, uno 389.261 euros.

El presidente de EEUU, Barack Obama, anunció ayer que los máximos ejecutivos de aquellas entidades que reciban "ayuda extraordinaria" por parte de los contribuyentes verán limitadas sus compensaciones a 500.000 dólares, y si percibieran alguna retribución adicional será en forma de acciones que no podrán ser cobradas hasta que los contribuyentes hayan visto devuelta su ayuda.

En España no hay ninguna medida de contención de los salarios de los principales directivos de la banca, que cobran cantidades muy superiores a esa. El banquero mejor pagado es Alfredo Sáenz, vicepresidente del Santander, que gana 9,6 millones de euros al año. Curiosamente su jefe, Emilio Botín, cobra menos de la mitad, 3,9 millones. Su hija, presidenta de Banesto, Ana Botín, es la ejecutiva mejor pagada con 3,5 millones. A Botín le supera también el presidente del BBVA, Francisco González, con un sueldo de 5,7 millones de euros anuales.

30-09-2009 :Este miércoles, PSOE y PP han coincido en mostrar su oposición a los salarios e indemnizaciones de los banqueros.

La polémica la ha desatado el cese del 'número dos' del BBVA, José Ignacio Goirigolzarri, que va a ingresar 30 millones de euros al año en jubilación durante 10 años y otros 50 más en su plan de pensiones, en total, 80 millones de euros.

En EEUU y Europa se está regulando este aspecto pero en España se había obviado. Ahora se plantea dos opciones. La primera, si han servido de algo los mecanismos de control corporativo, y la segunda, si es correcta la estructura empresarial de unos banqueros que se ponen sus propios sueldos.


No hay comentarios: