![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjpr9coLG5ZhxNm4pi-e-xarXt3_pHjg2CPV0QSqhEwAir1ZhDYmSX0EmVDLLWqsHZPgIeEefRjpdYVsCU-Ck1P-_je2l7WDun4XeIxMuZmwh0icTngXnTvOyh8GYkdDOxea4vSh6xi6F4u/s400/ladygagalovegame_normal-301xXx80.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj24xT-o1C-25Ug_02FBD5VuBuLgFrNQ-Y0_LspdHh91sZKc7ImKYMVsabRkqh7hUqPRc9M4NHt3f88aOqmfrXcgA-vLsFvfC9mSxN9y5tqvaV3rusTRGDD4xFWXxZUdii_oe-e2o-oYCGq/s400/02lady_gaga_normal-301xXx80.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhKODwu8lS0T_WgosRlPiVqC36bGNQcEJKbaFkCRIW8i8O52FsSfEPwAlyrAoUr7_NfJdC4ocWvfeQPnmgVkXlL1vvKmmnnt5JSn4f0KE1oIfc3FTTeJwslhwpmBTtnZeJKDcnCuXtuyTig/s400/gaga_vogue1-600x600x80.jpg)
Este é o novo vídeo de Lady Gaga que os xefes da súa discográfica prohibiron que se distribúa porque é demasiado sexy. Malia isto, o videoclip de Lovegame xa está a dar moito de que falar. No videoclip, se puiden ver a Lady Gaga, coqueteando con dous homes mentres loce un corpo cheo de brillantes. Sen dúbida, o seu terceiro singre, 'Lovegame', no que se bica con homes e mulleres dará moito de que falar. A transgresora Lady Gaga xa se presentou en varias ocasións de xeito provocativo, como nos premios MTV. Na portada de Vogue Japón
PINCHAR
O FUTURO DAS CAIXAS
Xornal.c/hoxe:
A actualidade galega segue marcada polas especulacións sobre o futuro das caixas de aforros.
Feijóo reitera que a fusión de caixas só se levará a cabo "se é beneficiosa" para Galicia
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ratificou hoxe o seu compromiso de "avaliar e analizar", xunto co Banco de España, as vantaxes e inconvenientes da fusión das caixas para chegar á "mellor solución e decisión" para a economía galega. (O Ideal Galego)
Novos encontros entre Facenda e o Banco de España para avanzar no futuro das dúas entidades
A prudencia que pediu Feijoo sobre o futuro das caixas a garda en primeiro lugar a conselleira de Facenda, departamento no que están depositadas as competencias sobre as institucións financeiras. Consultada tamén sobre o devir do sistema financeiro, Marta Fernández Currás reiterou que a Xunta mantén aberto «todo ás posibilidades». (A Voz de Galicia)
Fontenla: "Se hai fusión, debe estar capitaneada polas caixas galegas"
O líder da CEG está encantado con que haxa dous. Feijóo: "sólo farase se beneficia a Galicia" (O Correo Galego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario